Asesoramento Laboral e RR.HH

Somos expertos en asesoramento laboral da empresa, residenciando na nosa intensa formación académica, as vías para a máxima atención ás novas áreas de desenvolvemento e innovacións, que constantemente van surxindo no campo do dereito laboral. 

A nosa vocación é a honradez profesional e o servizo integral ós intereses dos nosos clientes. Ofrecemos un compromiso absoluto coa súa problemática, aportando á resolución da mesma toda a nosa forza de traballo, os máis modernos medios técnicos que sirven ó desenvolvemento da nosa actividade e toda a experiencia acumulada durante os anos no exercicio forense da avogacía, para ofrecerlle sempre a solución máis rápida, económica e eficaz.  

Somos expertos en:

  • Despido Disciplinario.
  • Extinción por causas obxectivas ou Despido Objetivo.
  • Despido colectivo ou ERE.
  • Reclamación de salarios.
  • Reclamación de indemnización por despido.
  • Reclamación de prestacións de Incapacidade Temporal.
  • Impugnación de alta médica.
  • Recoñecemento de cualificación profesional.
  • Recoñecemento de existencia de relación laboral.
  • Modificacións sustanciais das condicións de traballo (movilidade funcional e territorial, modificación de xornadas, redución de salarios, etc.)
  • Conflitos por vacacións.
  • Procedementos contra a Seguridade Social (reclamación previa, demanda, xuízo).
  • Denuncias á Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
  • Recursos contra actas da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
  • Tramitación de Incapacidade Permanente (fase administrativa e xudicial).
  • Reclamación de indemnización por accidente de traballo.
  • Tramitación de expedientes de regulación de emprego ou ERE.
  • Redacción e tramitación de convenios colectivos de empresa.

Temos relevante experiencia en extincións individuais e colectivas do contrato de traballo. Especialmente neste último ámbito temos protagonizado algunhas das Sentencias máis relevantes na materia.

En canto á Xestión laboral a empresas, destacamos as seguintes actuacións, que se articulan garantizando a información constante ó empresario:

  • Constitución de empresas e apertura de nuevos centros de trabajo.
  • Afiliación: altas, variacións e baixas na Seguridade Social.
  • Contratación e xestión de bonificacións. Subrogación de traballadores.
  • Relacións laborais de alta dirección.
  • Nóminas.
  • Cotizacións á Seguridade Social (novo sistema Siltr@).
  • Informes de costes de persoal.
  • Despidos e sancións.
  • Calendarios laborais.
  • Permisos e excedencias.
  • Elaboración e presentación de impostos (IRPF).
  • Xestión de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
  • Modificacións sustanciais das condicións de traballo (movilidade funcional e territorial, modificación de xornadas, ascensos…).
  • Descolgue de Convenios Colectivos.
  • Xestión dunha folga.
  • Selección de persoal.
  • Preparación e asistencia en Inspección de Traballo.

En relación co anteriormente exposto, desenvolvemos unha labor constante de asesoramento laboral que podemos esquematizar nos seguintes puntos:

  • Consultas laborais de diversa índole.
  • Orientación na xestión laboral da súa empresa.
  • Asesoramento na política de contratación a seguir.
  • Orientación en canto a planificación laboral.
  • Xestión de prestacións da Seguridade Social: incapacidade temporal, xubilacións, maternidade, morte e supervivencia, etc.

Realizamos estudios de auditoría laboral, a través da elaboración dun informe ou varios especiais, sobre a situación real da empresa desde o punto de vista laboral.