Presentación

PRESENTACIÓN

Vivimos nunha realidade xurídica e económica complexa e cambiante. O coñecemento e o traballo en equipo, resultan esenciales. O despacho formouse coa idea de prestar servicios especializados nos distintos ámbitos xurídicos e económicos.

Rodríguez Maseda Abogados y Economistas, ofrece solvencia profesional para procesos de toma de decisións na súa empresa. Participamos activamente na definición das súas estratexias en todo tipo de conflitos, xudiciais e extraxudiciais. Con honradez e humildade intelectual. Con calidade e eficiencia.

A nosa ilusión é atopar solucións para os seus problemas. Diversos sectores económicos de Galicia contan coa nosa intervención profesional: industrial, cárnico, madeireiro, telecomunicacións, tecnoloxía, transportes, construción, mármore, comercio, distribución, funerario e outros moitos.

Asistimos a Colexios Profesionais e Asociacións Empresariais. Son axentes activos dos seus respectivos sectores económicos, que nos aportan importantes e diversas experiencias establecéndonos un elevado nivel de esixencia na nosa formación.

Somos un equipo interdisciplinar que pretende o asesoramento integral á empresa.